O adestrador David Vidal presenta o clínic de fútbol “Ribeira Sacra Talents”

O adestrador de fútbol David Vidal, acompañado polo asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; polo concelleiro de Cultura e Deportes de Nogueira de Ramuín, Raúl Soto, e por membros da organización, presentou hoxe no Pazo Provincial o “Ribera Sacra Football Talents”, un clínic de fútbol que terá lugar do 7 ao 10 de xuño en Luíntra, e que ten como obxectivo a formación de xóvenes futbolistas.

O evento está coordinado polo adestrador David Vidal e desenvolverase nas instalación de A Tella, en Nogueira de Ramuín, contando coa presenza de xogadores de equipos de Costa de Marfil, Burkina Faso, Mauritania, Senegal, Brasil, Canadá, Francia, Italia e España, ademais de directores das principais ligas europeas: España, Italia, Francia, Portugal, Alemaña, Rusia e Suecia.

O clínic terá contidos teóricos e prácticos, e xunto a David Vidal estarán seis adestradores de equipos da Liga de Fútbol Profesional, así como árbitros. Unha parte significativa do programa está dedicada ás lesións ocasionadas pola práctica do fútbol e o como acometer a prevención e tratamento das mesmas.