Centro Cultura Popular Xaquin Lorenzo

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size

V CONGRESO DE PATRIMONIO ETNOGRÁFICO GALEGO

O CCP Xaquín Lorenzo e a Faculdade de CC da Educación do Campus de Ourense-Universidade de Vigo, xunto coa Asociación Ben-Cho-Shey, Nova Escola Galega e a Sociedade Iberoamericana de Pedagogía Social organizaron o V Congreso de Patrimonio Etnográfico (II internacional) que nesta edición, baixo o título O afiado e outras técnicas artesanais de comunidades rurais, pretendeu achegarse e dar a coñecer o oficio do afiador, sen dúbida, o máis coñecido da provincia de Ourense. Durante catro días (9, 10, 11 e 13 de Outubro de 2014) estudosos do tema chegados de diferentes campos profesionais e de moi distinta procedencia, ofreceron diversas visións sobre o aspecto profesional, antropolóxico e social do naceiro (afiador en barallete). Conferencias, mesas redondas, comunicacións, e saídas de campo percorrendo a xeografía ourensá, permitiron aos participantes obter unha ampla visión sobre o afiador e o seu mundo.

No congreso, que contou co recoñecemento de 30hrs./1Crédito ECTS, participararon profesores da Universidade como por exemplo Fátima Braña, González Reboredo, Álvaro Campelo ou Santiago Veloso,  directores de museos etnográficos de Ourense como X. C. Sierra e do Museo da Cuchillería de Albacete, e outros moitos especialistas no tema. Dende Francia veu a filla de Bernard Bertrand na súa representación, estudoso do oficio no país galo, e dende Italia teremos unha comisión dos arrotinos do Val de Resia. No programa do Congreso proxectouse o documental A última viaxe do afiador, coa participación do seu director no posterior debate. Así mesmo, asistirona e participaron nas mesas redondas distintos profesionais que aportaron as súas experiencias.

Entre as saídas de campo cabe destacar a visita  á Casa das rodas, a casa-museo que Florencio de Arborio deseñou na aldea de Arboiro, S. Xoan de Río, para expoñer a súa colección de máis de 200 rodas de afiar de todos os tipos.

Galería de imaxes do V Congreso de Patrimonio Etnográfico Galego