Todas as publicacións da Deputación, unha vez presentadas oficialmente, son distribuídas desde a institución de forma gratuíta a todas as institucións públicas da provincia que posúan un punto de lectura. Desta maneira os nosos títulos están en todas as bibliotecas da provincia e dependendo da tirada, son tamén distribuídos a colexios e institutos provinciais e tamén a todos aqueles centros cos que a biblioteca provincial mantén intercambio de publicacións. Así, os nosos libros están ao alcance de todas as persoas que necesiten consultalos.
A Deputación, distribúe tamén un 20% da súa edición propia de forma comercial. Somos conscientes da dificultade que supón para unha editorial pública facilitar o coñecemento da súa produción editorial e por isto é conveniente que se saiba que todas as publicacións da Deputación, que non están esgotadas, encóntranse dispoñibles nas librerías, ás que chegan a través das dúas distribuidoras coas que traballamos.
Comunidad Autónoma de Galicia: Resto de comunidades:
ARQUITECTURA POPULAR OURENSÁ. 25€
CANCIONEIRO POPULAR DA PROVINCIA DE OURENSE (VOL. I) 20€
CANCIONEIRO POPULAR DA PROVINCIA DE OURENSE (vol II.) 20€
CANTIGUEIRO POPULAR DA LIMIA BAIXA 20€
DANZAS GREMIAIS E PROCESIONAIS DA PROVINCIA DE OURENSE. (VOL. I) 20€
DANZAS GREMIAIS E PROCESIONAIS DA PROVINCIA DE OURENSE. ( VOL. II) 20€
PARROQUIA DE VELLE 30€
XINZO DE LIMIA. IMAXES PARA A LEMBRANZA 20€
CELANOVA 1900-1981. MEMORIA FOTOGRÁFICA 20€
O BARCO 1885-1969. MEMORIA FOTOGRÁFICA 20€
XOSÉ VÁZQUEZ ARIAS RIZO. TRES DÉCADAS DE IMAXES PRODIXIOSAS 20€
A POBRA DE TRIVES. 1875-1975 20€