Dende a creación do CCP Xaquín Lorenzo, unha das súas preocupacións foi a de dar a coñecer o patrimonio etnográfico galego, e un dos medios empregados para este fin é o de organizar exposicións con paneis informativos, material etnográfico, material didáctico, audiovisuais, etc., que se ceden en préstamo gratruíto a todas aquelas institucións que as soliciciten: colexios, asociacions, bibliotecas, museos, concellos, casas de cultura, etc. Estas son as exposicións disponíbeis: Os Museos Etnográficos de Ourense; O xogo do peón; O traxe tradicional galego; Os traxes do Entroido de Ourense; 40 anos do Museo do Pobo Galego; A olería tradiconal galega: Niñodaguia, Buño, Bonxe e Gundivós; e O carro galego.
Exposición Museos Etnográficos Exposición "O Peón" Exposicións Traxe Tradicional Galego