A fotografía foi no seu momento unha impresionante innovación tecnolóxica, que permitiu achegar a imaxe, e polo tanto o coñecemento, de mundos afastados a todos aqueles que non tiñan a posibilidade de se desprazaren, que era a grande maioría da poboación. Hoxe en día, cando o viaxar é algo usual, atopámonos con que o único xeito de retroceder no tempo é a través das imaxes que profesionais ou afeccionados tomaron no seu momento e que hoxe son testemuña fidedigna dun pasado que xa nunca volverá. Mediante a recuperación de fotografías, agrupadas ben por comarcas, ben por temáticas, ben por pertencer a autores relevantes, pretendemos deixar constancia dunha historia que nunca atoparíamos en grandes tratados. A historia do día a día dos nosos antepasados.
-
COLECCIÓN "MEMORIA FOTOGRÁFICA":
COLABORACIÓN MEMORIA FOTOGRÁFICA. APORTACIÓN DE MATERIAL:Toda persoa interesada en colaborar na Memoria Fotográfica da nosa provincia, poderá poñerse en contacto cos editores
CONTACTO:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Telf./Fax 0034-988317880
REVISTA RAIGAME – PUBLICACIÓNS
Apdo. 484
32080-Ourense - España