Centro Cultura Popular Xaquin Lorenzo

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente

Romaría Etnográfica Raigame 2021: concursos

A Romaría Etnográfica Raigame non quixo deixar pasar un ano máis e, condicionada pola situación pandémica que obrigou á súa cancelación en 2020 e que aínda hoxe estamos a sufrir, o 17 de Maio celebrou unha serie de actos simbólicos reinvindicando os seus vinte anos de existencia, actos como a entrega do premio honorífico "Adolfo Enríquez" á Banda de Música de Vilanova, que o ano pasado cumpría o seu 160 aniversario; a inauguración dunha exposición fotográfica na que se fai un repaso polas distintas edicións da Romaría e que poderá ser visitada durante varias semanas máis; e a convocatoria do Concurso Romaría Raigame, onde se sumán  disciplinas como a Investigación Etnográfica e a creación de Micro-vídeos, xunto ao xa habitual de fotografía. Pinchando no enlace poderanse descargar as Bases. Ao igual que en 2020, a organización fixo un chamamento a todos os participantes e visitantes da Romaría Raigame, para celebrar a festa dun xeito responsábel, seguíndo todas as normas sanitarias, e aportar fotos ou vídeos a través das redes sociais.