A partires da estrutura do Grupo de Danzas Castro Floxo, a Deputación de Ourense decidiu crear en 1984 a Escola Provincial de Danza, que hoxe conta máis de 1500 compoñentes sumando a súa sé central e as diferentes delegacións de toda a provincia de Ourense.
Dende os cinco anos, idade mínima para ingresar na Escola, os alumnos participan nun proceso de aprendizaxe que comeza traballando a psicomotricidade, a orientación espacial e o sentido do ritmo, para pouco a pouco ir avanzando cara elementos cada vez máis complexos do folclore galego, até chegar a mostralo en toda a súa autenticidade: a música, as cancións, os bailes, as tradicións e o traxes populares son postos en escena para dar unha imaxe global do noso folclore, con todas as súas riquezas e variedades.
CONTACTO:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Telf./Fax 0034-988317880
ESCOLA PROVINCIAL DE DANZA
Apdo. 484
32080-Ourense – España
A Escola Provincial de Danza-Castro Floxo da Deputación de Ourense trata de mostrar o verdadeiro folclore galego en toda a súa autenticidade: a música, as cancións, os bailes, as tradicións e o traxes populares son postos en escena para dar unha imaxe global do noso folclore, con todas as súas riquezas e variedades.
A partires da estrutura do Grupo de Danzas Castro Floxo, a Deputación de Ourense decidiu crear en 1984 a Escola Provincial de Danza, que hoxe conta máis de 1500 compoñentes sumando a súa sé central e as diferentes delegacións de toda a provincia de Ourense. Dende os cinco anos, idade mínima para ingresar na Escola, os alumnos participan nun proceso de aprendizaxe que comeza traballando a psicomotricidade, a orientación espacial e o sentido do ritmo, para pouco a pouco ir avanzando cara elementos cada vez máis complexos do folclore galego.
Todas as variantes da música e da danza popular galega: muiñeiras, jotas, mazurkas, pandeiradas, carballesas, danzas procesionais e gremiais, son interpretadas cunha grande variedade de traxes, dende o máis simple ao máis elaborado, espectacular e todos eles orixinais. A música é interpretada cos instrumentos tradicionais galegos: gaitas, acordeóns, tambores, bombos e pandeiretas, que son os principais instrumentos que acompañan ás voces nas cancións.
As danzas que interpreta a Escola Provincial de Danza-Castro Floxo foron tomadas dos anciáns das nosas pequenas aldeas, conservando o sentimento e o estilo que eles lles daban. Todo isto constitúe unha importantísima colección de arte, cultura e tradicións populares do noso país.
A Escola Provincial conta cun equipo de investigación que ten a misión de recompilar o material etnográfico: música, bailes, traxes, oficios, xogos, gastronomía...; este material é clasificado e arquivado, estudado para ser mostrado ao público nas actuacións e publicado e divulgado nas periódicas publicacións que o Centro de Cultura Popular coordina.