Centro Cultura Popular Xaquin Lorenzo

  • Increase font size
  • Default font size
  • Decrease font size

REVISTA RAIGAME 45 Arqueoloxía I

A revista Raigame 45 está dedicada nesta ocasión á arqueoloxía na provincia ourensana. É un primeiro volume no que se pon en valor a actividade arqueolóxica en Ourense dende un punto de vista científico e divulgativo, a fin de dar a coñecer os traballos máis destacados que se están a realizar, recoñecer o traballo dos profesionais que se dedican á arqueoloxía e presentar as posibilidades turístico-culturais que esta ofrece.

Así, seguindo a tradición que neste campo se iniciara hai máis dun século coa Comisión de Monumentos Históricos e Artísticos, o Museo Arqueolóxico de Ourense e os membros da Xeración Nós, este novo número da revista Raigame fai un percorrido polo mapa provincial presentando artigos que abordan intervencións en xacementos de referencia como son o campamento romano de Aquis Querquennis, en Bande, os castros de Cameixa en Boborás, o de Castromao en Celanova e o de Saceda en Cualedro.

Outro grupo de colaboracións aborda actuacións encamiñadas á posta en valor de espazos integrados por diversos bens culturais como en Laza a Estación Rupestre das Pisadiñas, en Bande o Parque Arqueolóxico do Monte Grande, e en Allariz o castro de Armea, Castelo de S. Salvador de Todea e os pasos sobre o río Arnoia. Na comarca de Valdeorras un ambicioso proxecto analiza as sociedades labregas nun amplo período da historia, tendo como referencias o Castelo de Valencia do Sil, os colmeares de Casaio e a Ciudad de la Selva. Outro artigo aborda o proxecto de Lobarzán, nos concellos de Monterrei e Oimbra, xacemento que abrangue diferentes aspectos cronolóxicos-culturais, e que incide na importancia da arqueoloxía na súa vertente social, implicación da veciñanza, valorización e conservación do seu patrimonio cultural. A revista complétase cun estudo sobre os distintos tipos de pavimentos atopados nas intervencións realizadas na cidade de Ourense, outro sobre o recente descubrimento da Mámoa das Lameiras en Toén e por último a historia dos Escarvadores, un grupo de apaixonados da arqueoloxía en Valdeorras dos anos sesenta.

Un segundo número sobre arqueoloxía en Ourense que verá a luz a finais de ano, continuará o percorrido pola provincia con artigos sobre xacementos como San Cibrao de Las nos concellos de S. Amaro e Punxín, O castelo da Piconha en Calvos de Randín, o xacemento de Santiagoso, na Mezquita, a Arqueoloxía na comarca da Limia, o Penedo dos Lobos en Manzaneda, entre outros.

A revista, distribuída gratuitamente a bibliotecas, museos, centros culturais e centros educativos, tamén pode ser solicitada nas oficinas do CCP Xaquín Lorenzo e no Servizo de Publicacións da Deputación de Ourense.

 

“POPULAR CULTURAL CENTER "XAQUÍN LORENZO”

The County Government of Ourense decided to found the County Dance School on 1984, taking the Popular Dance Group Castro Floxo as initial structure. Today, the School has more than 1500 people in his principal School and its provincial delegations.

Pupils, who join the Scholl at 5 years, start a learning process in the different elements of the Galician folklore, since the simplest concepts of psychomotor activity, space orientation and rhythm sense, still the more complex steps and choreographies. Finally, they will dance, sing and play music showing their costumes and traditions in the stage, as culmination of their learning.

Read more...