A revista Raigame nº 36, maio 2012, foi presentada e xa está a disposición de todos aqueles que a queiran descargar. Este novo número conta con tres partes diferenciadas: artigos conmemorando o centenario do nacemento do escritor celenovés Celso Emilio Ferreiro; artigos sobre Valentín Paz Andrade, homenaxeado no día das Letras Galegas deste ano; e por último as obras premiadas no Concurso de Fotografía da Romaría Etnográfica Raigame do ano 2011.
A través dos artigos de Luis Ferreiro, fillo de Celso Emilio e director da fundación que leva o nome do seu pai, dos traballos de xornalistas e profesores como Antonio Piñeiro, Francisco López, Alfonso Vázquez-Monxardín ou José A. García, adentrámonos no coñecemento da vida e obra do ilustre escritor, xornalista e político, aderíndonos deste xeito á homenaxe que o Parlamento Galego lle quixo rendir no centenario do seu nacemento.
Por outra banda, a Real Academia Galega nomeou a Valentín Paz Andrade como a persoa á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. A revista Raigame relaciona as vidas de Celso E. Ferreiros coa do escritor, poítico e empresario Paz Andrade, grazas ao artigo do profesor e crítico literario Ramón Nicolás, e profundiza na súa biografía cos traballos de Tucho Calvo e Vázquez-Monxardín. Mediante outros artigos de X. Carlos Domínguez, de Emilio Rodríguez, Luís Pérez, Charo Portela, Neira Vilas e Clodio González, profundízase na súa obra, a súa relación con outros escritores e con Ourense.
Por último, a revista conta cunha pequena sección dedicada ás obras premidas no Concurso de fotografía da Romaría Etnográfica Raigame do ano pasado e presenta as bases para o concurso deste ano 2012.






FESTIVAL DE PRIMAVERA - 30 de marzo de 2012

The County Government of Ourense decided to found the County Dance School on 1984, taking the Popular Dance Group Castro Floxo as initial structure. Today, the School has more than 1500 people in his principal School and its provincial delegations.